Bodegas Albamar

España

Galicia

Cambados

Xurxo Alba

Fator XPTO:  ̃ ́, . ̃ .

Inquedo e sempre disposto a aprender, Xurxo Alba é a cara visible de Albamar, adega en Cambados, no val do Salnés. Tanto as súas instalacións como as viñas que traballan —propias e arrendadas— están a pouca distancia do Atlántico, feito que se reflicte na filosofía da adega e nos viños que elaboran nesta zona próxima á desembocadura do río Umia, unha área protexida con moita inmigración de aves en plenas Rías Baixas.


Cando Xurxo era neno, foi seu pai, Luis, quen plantou case todas as viñas de albariño propias. Ao perder o seu traballo como albanel, Luis dedicou os seus esforzos a elaborar un viño sinxelo, que vendía a granel e sen etiqueta no furancho familiar.


O regreso de Xurxo a casa en 2006, tras estudar viticultura e traballar como consultor, mudou a filosofía do negocio familiar, que pasou a chamarse Albamar. Ese foi tamén o nome do seu primeiro viño, un monovarietal de albariño, fresco e con nervio, que hoxe segue a ser o buque insignia da adega. Pouco a pouco, Xurxo evolucionou cara a unha viticultura e un traballo na adega o menos intervencionista posible. Hoy tantos viños de culto: Alma de Mar, Finca O Pereiro, Pepe Luis, Albino, O Sebal, Sesenta e Nove Arrobas…


(adaptado do fantástico Spanish Wine Lover de las grandes Amaya Cervera e Yolanda Ortiz de Arri)

Contactos