Augalevada

España

Galicia

Rioboó

Iago Garrido

Iago Garrido é un dos rostros da nova xeración de viticultores galegos que está a revitalizar o Ribeiro (simplesmente… unha histórica zona da viticultura europea). A arela xurde en 2008 coa recuperación da histórica finca de Augalevada, pertencente ao Pazo de Rioboó (século XVIII). Catro hectáreas de puro granito no Val do Avia, corazón do Ribeiro.

Ao principio, Iago e Liliana Fernández crearon un furancho, o fantástico concepto galego que permite ás quintas abrir locais de pasto informalmente entre abril e outubro para servir tapas e viños de produción propia sen etiqueta. Comezou con Godello e Treixadura, pero hoxe cultiva tamén Lado, Agudelo, Sousón e Caiño. Emprega técnicas sustentables e praticas de permacultura, agricultura biolóxica e biodinámica. Colabora con pequenos viticultores nas ribeiras do Arnoia, Avia e Miño (gama Mercenario). Usa aceiro inoxidable, talhas enterradas e barricas usadas. A Fazenda Agrícola Augalevada ten raíces moi profundas onde a natureza marca os ritmos, producindo viños con alma que expresan a enerxía, intensidade e frescura do terreo.

Contactos