Viños do Solpor 2018-02-01T11:55:59+00:00

Viños do Solpor

Espanha

Galiza

Morrazo

Antonio Portela

Fator XPTO: Haja quem o beba.

Antonio Portela organiza desde hai seis anos com Marina Cruces “A Emoción dos Viños”, festival de vinhos emocionantes no claustro da Catedral de Tui. Escribindo de vinhos e claves que nos levem máis alá no blog “O Viticólogo dos Bagos”
Cos Vinhos do Solpor se van a elaborar bagos de parroquías e paraxes do Morrazo, coa sensibilidade das maneiras menos intervencionistas, defendendo a viticultura tradicional integrada na paisaxe. Entre un viñedo que languidece, con vinhos que perderon a súa identidade e a conexión coa orixe, a verdadeira tinta femia escasea, e com este escenario a bisbarra do Morrazo estrea a Indicación Xeográfica Protexida “Ribeiras do Morrazo”
O Morrazo, península entre as rías máis baixas coma unha proa cara o solpor. No Morrazo hai un paraiso de finas areas brancas en praias soleadas, luminosos por de sol entre as illas Cíes e a illa de Ons, co horizonte de noso a marcar a travesía. Neste borde vibrante e pracenteiro da Galiza aprendimos a soñar mirando o solpor e acumulamos a enerxía que necesitamos para ir simplesmente… Máis Alá… sempre.
Os Vinhos do Solpor arrancan esta vendima cos bagos de tinta femia dunha parcela da parroquía de Ardán. Salinidade, granito, acidez, frutalidade vibrante, verticalidade, visceralidade. En simplesmente… Vinho van a estar os viños de tinta femia da parroquia de Cela dos colleiteiros Manuel Freire e Fernando Cendón.

Contactos

Voltar