Señor Cuco

Espanha

Rías Baixas

Couto

Anxo Eiras

Fator XPTO: Entrevideiras: carácter atlántico.

Señor Cuco, un tinto Rías Baixas elaborado por Entrevideiras Viños S.L. un viño de marcado carácter atlántico ven de saír recentemento ao mercado. Sousón, Pedral, Espadeiro e Caiño son as 4 variedades tintas minoritarias autóctonas presentes neste tinto, cunha producción limitada a 2.300 botellas.
Cunha cor vermella amoratada e aromas frutais de froitos negros e vermellos maduros. Saboroso e elegante o trago, o Señor Cuco mantén a acidez e astrinxencia xusta que fan dél un tinto atlántico sen complexos, fresco e equilibrado.
Como remate a unha elaboración coidada que parte dende a mesma viña e fuxindo de cápsulas e lacres sintécticos as botellas están selladas con cera de abella natural e selado a man. A cera de abella contén propóleo que é un antifúngico e antibateriano natural que producen as abellas para a protección da colmea, quedando así protexido de forma natural o corcho. Cunha imaxe fresca e actual o Señor Cuco xa esta dispoñible para ser catado e disfrutado polos consumidores.
Entrevideiras Viños é un proxecto persoal de catro socios e amigos: César Alonso, Mari Álvarez, Anxo Eiras e Rocío Garrido, apaixonados do mundo vitivinícola e vinculados a él dende hai xa tempo que un bo día decidiron xuntar esforzo e traballo co fin de dar soporte aquelo que lles apasiona e emociona para crear un tinto moi persoal. Mesturáron tradición coa técnica e chocaron inquedanzas e ilusión coas mellores uvas das videiras autóctonas, noutrora dignas poboadoras das casas labregas da comarca que esquecidas chegaron a hoxe en día agochadas en parrais, entre leiras, socalcos e terreos baldíos. Entrevideiras é parte desa natureza enxebre que o labrego moldeou, creando a paisaxe… é terra, néboas, chuvia, sol de abondo e Atlántico. O fin naceu, o fin piou…..e cucou.

Contactos