Cume do Avia

Portugal

O Ribeiro

Ribadavia

Diego Diéguez

“Somos viticultores, amigos, familia, compañeiros dende nenos e socios… xuntos somos Cume do Avia, a nosa cooperativa de explotación comunitaria da terra. Aínda que somos de familia de viticultores decidimos comenzar o noso propio proxecto e sermos os primeiros en pechar o ciclo e elaborar os nosos propios viños. Este difícil e emocionante camiño comezou en 2005. Logo de case unha década viron a luz os nosos primeiros viños. Nese tempo, e comezando dende 0, nós mesmos preparamos, plantamos e vimos medrar as nosas viñas. E todo, pensando sempre nas persoas, no medioambiente, e na procura duns viños auténticos, sinceros, e respectuosos.”

Contactos