Chánselus

Espanha

Galiza

Ourense

Bernardo Estévez

Fator XPTO: O viño para min e só o camiño que como a Natureza non ten nin principio nin final.

O viño para min e solo o medio para intentar chegar o fin de cada día o mais contento posible. E un privilexio o poder sumar nunha mesma actividade: o meu traballo como labrego e a paixón e o divertimento que ofrece ser parte activa da Natureza. Ter consciencia do paso do tempo, de que existe a Primavera, o Verán , o Outono, Inverno, sentir o frío, a calor, poder escoitar despois das choivas o río que pasa, beber nunha fonte cando hai sede, poder sentarme o carón dunha sombra cando estou canso, alegrarme cunha boa floración na viña, virme abaixo cunha mala colleita na vendima, rir cando bebo viño na adega, andar moi depresa cando a viña o manda, sosegarme cando o Outono chega, medrar cas longas noites do Inverno e volver correr ca Primavera, poder ver medrar os que quero, de cando en vez ter algún intre para so mirar, aprender, aprender algunhas veces ensinar, aprender e mais aprender, o viño para min e so o camiño que como a Natureza non ten nin principio nin final.

Contactos